top of page

Igual que na nosa granxa, as máquinas teñen o seu propio nome.... ¿Queredes Coñecer AS NOSAS VAQUIÑAS?

Typical Values Per 100G:

Energy..........................................172kj

Protein...........................................1.0g

Carbohydrate..............................7.6g

of which sugars............................6.1g

Fat...................................................1.4g

of which saturates......................0.3g

Fibre...............................................2.3g

Sodium.........................................0.3g



​Margarita:



Margarita foi a primeira máquina que instalamos, alá polo ano 2011,  e polo tanto témoslle un cariño especial. A pesar de que dende aquela os deseños foron mellorando, Margarita non deixa de ser a máis importante.



Podédela atopar en Monforte de Lemos, na Avenida de Galicia en fronte o Xulgado.



Bonita

 

Sen dúbida é a máis patriótica porque está ubicada no noso Concello, O Saviñao e nun lugar privilexiado a carón do Concello de Escairon e o pé do xardin.



Bonita, tivo moi boa acollida no pobo e os máis maiores do Concello puideron volver degustar o sabor de sempre dun prato de castañas con leite mazado ou unha cunca de arroz con leite como facían as nosas avoas.



Aiaz SL. recomendavos vir a coñecer a Ribeira Sacra, disfrutar das nosas espectaculares paisaxes, beber os nosos viños e a nosa gastronomía e probar o leitiño de  Bonita!!!!



 

​



 

Paloma

Paloma foi a primeira en pisar terras ourensás pero non tivo unha vida doada, xa que as circunstancias fixeron que houbera que cambiala da súa ubicación inicial no barrio do Couto en Ourense.  Esta máquina é un novo modelo máis pequeno e adecuado para espacios máis reducidos, vamos, é unha vaca de cidade...

 

Trala incidencia inicial, Paloma fixo a maleta e foise para a Rúa do Paseo, na entrada das Galerías Centrais. Ali vive maís tranquila e entretida con toda a xente que pasa por esa céntrica rúa.

 

Agarda a vosa visita!!!!

 

Cuca

Cuca é a última en incorporarse a lista das vaquiñas ourensás,  e está situada na Praza de Abastos NºI  de Ourense. A ubicación é perfecta, xa que encaixa totalmente co tipo de productos frescos que se venden na Praza.

 

¿Non me digades que non quedou Cuca....????? 



A acollida foi francamente boa por parte de todos os membros da Praza e Cuca estalles moi agradecida polo ben que a tratan e por todo o que a cuidan. MUUUUUUitas gracias compañeiros.

Parrula

Fai cousa de un mes e medio ofrecéronnos a posibilidade de colocar unha vaquiña na Praza de Abastos de O Carballiño. Inda que nun principio tiñamos dúbidas, finalmente decidímonos a colocala ali. E foi un gran acerto!

 

Temos que dar as gracias tanto o persoal da Praza como a O Concello polo ben que se portaron con nos en todo momento e con Parrula, que foi recibida con moito cariño.

 

Esperamos que siga sendo asi por moito tempo e convidamosvos a todos a ir mercar productos frescos e de calidade a Praza de O Carballiño!!!! 

bottom of page