top of page

Receitas

Arroz con leite "da miña avoa..."

 

Preparación:

 

  1. Pon nunha pota o litro de leite D´Vaca a quentar xunto co azucre, a casca dun limón e as duas ramas de canela. Deixao a lume medio ata que ferva o leite.

  2. Mentras se quenta o leite, poñemos o arroz nun colador e lavamolo baixo da billa, para eliminar o exceso de almidón.  Cando a auga comece a sair clara pechamos o grifo e deixamos que o arroz escorra ben.

  3. Una vez que ferve o leite, engadimos o arroz ben escorreito e removemos ben. Deixamos que se vaia facendo o arroz durante 50-60 minutos a lume moderado. Hai que ir removendo de cando en vez, e con máis frecuencia a medida que o arroz vai cocendo para evitar que se pegue.

  4. Cuando leve uns 50 minutos apartamos a pota do lume e deixamola reposar (se temos unha cociña de leña retiramolo cara a parte de atrás para que repose), porque inda seguirá absorvendo leite. Se nos gusta espeso deixamolo uns minutos mais no lume.

  5. Fora do lume, retiramos a casca do limón e as ramas de canela.  Neste momento podemos engadir un chisco de manteiga para que se funda e a receita quede mais cremosa,  pero como estamos empregando leite enteiro e natural a propia nata do leite fai este efecto, podendo prescindir da manteiga

  6. Deixamolo reposar durante cinco minutos e repartimolo en 4 recipientes. Espolvoreamos con canela ó gusto e listo para servir. Tomase templado ou frío dependendo das preferencias de cada un. Miña avoa soia facelo en inverno e era frecuente tomalo máis ben quente.

 

 



Leite D´vaca Frito

 

Elaboración:

 

  1. Poñemos a ferver o leite D´vaca con unha rama de canela e unha de casca de naranxa (ou limón), para que o leite colla sabor e cando ferva retiramolo para que se temple un pouco e macere.

  2. Nun recipiente, mezclamos a fariña e o azúcar para que non se formen grumos.

  3. Cando estean ben mezclados engadimos os ovos.Esta era a orde que sempre dicía miña avoa que se debía seeguir para que a masa quedara máis fina.

  4. Unha vez mezclado todo engadimolo no leite que xa estará morno e poñemolo a lume moderado. Imos remexendo con unha varilla para que non se fagan grumos e a mezcla vaia espesando pouco a pouco.

  5. Cando a mezcla estea espesa vertemola nun molde non moi alto (e conveniente que o molde sexa cadrado para despois facer mellor as ración) e tapamolo con un film transparente. Metemolo 3 horas na neveira para que enfríe a masa.

  6. Unha vez ben frío, cortamos as racións en cadrados pequenos e poñemos unha tixola o lume con bastante aceite de oliva. Rebozamos os cadrados en fariña de trigo e ovo e fritimola ata que teña unha cor dourada.

  7. Espolvoreamos con unha pouca canela

 

 



 

 

INGREDIENTES

 

  • 1/2 litro de leite D´vaca

  • 125 gr de azucre

  • 100 gr de fariña de trigo

  • 3 ovos

  • Canela 

  • Casca de naranxa ou limón (a gusto)

​

Para o rebozado:

 

  • 2 ovos

  • fariña de trigo

INGREDIENTES

(Para 4 persoas aproximadamente)



  • 2 litros de leite D´vaca

  • 200 gramos de arroz de gran redondo (casi unha taza de almorzo chea)

  • 125 gramos de azucre

  • 25 gramos de manteiga (se podes emprega manteiga caseira ou feita co noso leite)

  • 2 ramas de canela 

  • A casca dun limón

  • Canela en pó a gusto 

 


 

Requeixo

INGREDIENTES:

 

 

  •  I Litro de leite de D´vaca

 

  • Azucre

Deixamos o leite fora da neveira, nun lugar temperado para que calle (sobre 24 horas ou se é inverno un pouquiño máis)

En canto comece a formar nata por riba, retiramola. (Se queredes probar auténtica manteiga, podedes untar unha pouca nunha tosta de pan caseiro con un chisco de mel ou de marmelada)

 

Cando estea todo o leite callado escurrimolo nun coador con un pano para que solte todo o soro. Vertemos todo nun recipiente e batimos xunto coa nata que retiramos antes. 

Engadimos azucar a gusto.

Estas son só algunhas das cousas que podes facer co noso leite, pero a variedade de pratos tanto doces como salgados, entrantes como postres é moi ampla e de seguro que moi saborosa.

Non deixes de facer un exquisito flan co leite D´vaca, unha deliciosa besamel, unhas saborosas filloas  ou mesmo un xelado caseiro. Ben seguro que repites........

 

E por suposto non dubides en contarnos eses deliciosos pratos que lograche mellorar grazas o leite fresco de Aiaz.

Iogur caseiro

INGREDIENTES:

 

1 Litro de leite D´vaca

1 Iogur natural 

 

O Iogur caseiro é unha das receitas máis sinxelas que eu coñezo e ademáis das máis saudables e económicas.

Soamente tes que ter un litro de leite fresco, un iogur e unha iogurteira.

 

Para preparalo fervemos o leite nun cazo e deixamolo enfriar ata que estea morno. Nos vasiños que trae a iogurteira, repartimos con unha culler o contido dun iogur natural (pode ser de sabores igualmente pero o resultado final non é un iogur de sabores).

 

Cando o leite esta xa tépedo, enchemos cada vaso da iogurteira e remexemos para que o iogur se desfaga.

 

Sen pechar os vasiños, introducimolos na iogurteira, e enchufamolo durante unhas doce horas. (Unha boa opción é deixalos facéndose de noite e asi cando vaiades almorzar teredes un iogur recén feito)-

 

Pasadas as doce horas comprobamos que o iogur cuallou e metemolos no frigorífico un par de horas para que enfríen.

Podese engadir azucre, mel... pero se na elaboración empregamos un iogur moi suave (tipo grego), estará exquisito sen engadir nada.

 

Así, a partir de un só iogur obtemos 6 iogures caseiros, de forma que ademais de aforrar  estamos consumindo un producto moi saudable.

 

bottom of page