top of page

¿Cómo se obtén o leite D´Vaca?

​COÑECE O NOSO PROCESO PRODUCTIVO:

Como o que elaboramos é un producto 100% natural o proceso productivo é ben sinxelo. Imosvos contar os pasos polos que pasa o noso leite ata chegar ás vosas mesas. Durante o este proceso non se lle engade ningún tipo de conservante nin aditivo; non lle quitamos ningún compoñente para fabricar outros productos, polo que o leite chega ó consumidor final íntegro e coa máxima calidade posible.

 

Intentamos innovar na forma pero non no contido, xa que nós primamos a calidade e o sabor por riba de todo. 

 

 

 

 

 

 

2º- Pasteurización

 

O proceso de pasteurización é ben sinxelo.

O leite unha vez muxidas as vacas, almacénase en tanques de frío a unha temperatura de 4-5ºC.

Dende alí, entra no pasteurizaror, que eleva a temperatura do leite a 74ºC, e en cuestión de segundos, sae de novo a 4ºC  para uns bidóns de aceiro de 50 litros.

 

Con este proceso térmico conseguimos eliminar as bacterias  e axentes patóxenos sen alterar as propiedades nutritivas do leite.

3º- Transporte e venta


Finalizad0 o proceso de pasteurización, os bidóns cárganse no furgón isotermo e transpórtanse cara as "vaquiñas", onde os consumidores poden mercar o noso leite fresco.

 

De igual maneira, tamén se envasa o leite en botellas de cristal, de plástico e en garrafas de 5 litros para o sector da hostelería e para tendas epecializadas.

1º- A s Vacas

 


Sen dúbida algunha as grandes protagonistas desta empresa son elas: AS NOSAS VACAS!!!!

 

O seu producto é inigualable, porque saen todolos dias pacer ó monte e teñen unha alimentación natural o que fai que o leite teña un alto contido en proteínas e  Omega 3.

Pasteurizador

Bidóns de 50 litros para transportar leite ás máquinas

Envase de 1 litro en botella de cristal

Algunhas das productoras actuais..

O futuro da nosa gandería..

  • facebook-square
  • Twitter Square
  • youtube-square

AIAZ S.L.         Lg Aiaz, 98 (O Saviñao)- Lugo           Tlf: 647 11 36 69              mail: avacadeaiaz98@gmail.com

bottom of page